Rosália de Castro - Algúns din ¡miña terra!
Algúns din ¡miña terra!
din outros ¡meu cariño!
i este, ¡miñas lembranzas!
i aquel, ¡ou meus amigos!
Todos sospiran, todos,
por algún ben perdido.
Eu só non digo nada,
eu só nunca sospiro,
que o meu corpo de terra
i o meu cansado esprito,
adondequer que eu vaia
vai comigo.
Rosália de Castro (Poetisa Galega, 1837-1885)
Sem comentários:
Enviar um comentário